Evento

#WebinarPACTO2050 - Presentación do novo Pacto 2050

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda da Xunta de Galicia organiza unha acción en liña (Webinar) co obxectivo de presentar o novo Pacto 2050.

Os municipios asinantes que forman parte do Pacto das Alcaldías comparten unha visión común para 2050: acelerar a descarbonización dos seus territorios, fortalecer a capacidade para adaptarse aos impactos ineludibles do cambio climático e conseguir que a cidadanía desfrute do acceso a unha enerxía segura, sostible e asequible.

Galego

Accións formativas en liña #WebinarsPACES

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, a través da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático, é a coordinadora do Pacto dos Alcaldes para o Clima e a Enerxía en Galicia e ven traballando cos concellos galegos promovendo e apoiando a súa adhesión e a consecución dos seus compromisos.

Para facilitar este labor, a Consellería crea a Oficina Técnica de Pacto dos Alcaldes, instrumento cofinanciado con fondos FEDER.

Galego

12º Congreso Internacional AEC en Santiago de Compostela – Retos do Cambio Climático: impactos, mitigación e adaptación

A Xunta de Galicia colabora coa Asociación Española de Climatoloxía na celebración do 12º Congreso Internacional AEC, que leva por título “Retos do Cambio Climático: impactos, mitigación e adaptación”. O evento terá lugar o 14 de outubro de 2020 en Santiago de Compostela.

Galego

Foro de Inversión do Pacto dos Alcaldes - Mercado de finanzas de eficiencia enerxética

A Dirección Xeral de Enerxía da Comisión Europea, a Dirección Xeral de Acción Climática e a Axencia Executiva para as Pequenas e Medianas Empresas ( EASME) están a organizar conxuntamente a edición 2020 do Foro de Investimento do Pacto de Alcaldes - Mercado de Finanzas de Eficiencia Enerxética, que terá lugar o 18 de febreiro (13:00 a 18:30) e o 19 de febreiro (09:00 a 16:30) en Bruxelas - Crowne Praza Hotel.

Galego

Seminario web: monitorización e avaliación de accións de adaptación

Despois do seminario web dedicado a deseñar unha estratexia de adaptación e un plan de acción, a próxima edición da serie de seminarios web de Pacto de Alcaldes centrarase na monitorización e avaliación das accións de adaptación. Como a monitorización das accións de adaptación é nova para a maioría das autoridades locais, este seminario web comeza cunha descrición xeral dos requisitos de monitorización do Pacto.

Galego

Xornada de presentación e seguimento do Pacto dos Alcaldes polo Clima e a Enerxía en Cambre

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda a través da  Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático, comprácese en convidalo á seguinte Xornada de presentación e seguimento do Pacto dos Alcaldes polo Clima e a Enerxía en Cambre.

Lugar: Villa Concepción -  Praza Vila Concepción, 1, 15679 Cambre

Data: Martes 19 de novembro 2019

Horario: 11:00h

Galego

Xornada de presentación e seguimento do Pacto dos Alcaldes polo Clima e a Enerxía en Sober

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda a través da  Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático, comprácese en convidalo á seguinte Xornada de presentación e seguimento do Pacto dos Alcaldes polo Clima e a Enerxía en Sober.

Lugar: Centro da Cultura - Praza do Concello, s/n - 27460,  Sober Lugo

Data: Martes 26 de novembro 2019

Horario: 11:00h

Galego