A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda da Xunta de Galicia organiza unha acción en liña (Webinar) co obxectivo de presentar o novo Pacto 2050.
Os municipios asinantes que forman parte do Pacto das Alcaldías comparten unha visión común para 2050: acelerar a descarbonización dos seus territorios, fortalecer a capacidade para adaptarse aos impactos ineludibles do cambio climático e conseguir que a cidadanía desfrute do acceso a unha enerxía segura, sostible e asequible.
En Galicia, a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda da Xunta de Galicia é a coordinadora do Pacto dos Alcaldes na comunidade. Para elo, ponse a disposición dos Concellos galegos a Oficina Técnica de Pacto das Alcaldías, instrumento cofinanciado con fondos FEDER e coordinado pola Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático. Entre outras tarefas, acompaña e presta apoio tanto no proceso de adhesión como no de elaboración dos Plans de Acción polo Clima e a Enerxía Sostible – PACES.
O WebinarPACTO2050 que impartirá a Oficina Técnica da Xunta de Galicia para o Pacto das Alcaldías terá como obxectivo abordar os seguintes bloques temáticos:
- Situación actual do Pacto das Alcaldías en Galicia
- Presentación dos novos compromisos de neutralidade climática do Pacto das Alcaldías 2050
- Pasos a seguir para concellos en función da súa situación: adheridos, adheridos con PACES e non adheridos
- Preguntas máis frecuentes
Os destinatarios deste Webinar son Concellos de Galicia adheridos ou non ao Pacto das Alcaldías.
Estes seminarios forman parte das accións con que a Xunta de Galicia participa de xeito activo na Semana Global de Acción polos Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable #Act4SDGs.
Para realizar a inscrición é preciso cumprimentar o seguinte cuestionario online: https://forms.gle/sNeZReNRNKJNB9iVA .
A data límite de inscrición é o 23 de setembro ás 14h.
Cómpre lembrar que o contacto coa Oficina Técnica da Xunta de Galicia para o Pacto das Alcaldías pode realizarse chamando ao 670 506 359 ou ben enviando un correo electrónico á dirección pactodealcaldes@xunta.gal.