Visión e compromiso

As cidades signatarias comprométense a actuar para apoiar a aplicación do obxectivo de acadar a neutralidade climática en 2050, e adoptar un enfoque común para promover e realizar unha transición xusta cara ese obxectivo, integrando a mitigación, a adaptación ao cambio climático.e a loita contra a pobreza enerxética.

Para traducir o seu compromiso político en medidas e proxectos prácticos, os signatarios do Pacto comprométense a presentar, nos dous anos seguintes á data da decisión do seu concello, un Plan de Acción para o Clima e Enerxía Sustentable (PACES) que describe as accións clave que se pretenden realizar.

O plan incluirá, en primeiro lugar, un inventario de emisións de referencia para monitorear as accións de mitigación e unha avaliación de riscos e vulnerabilidades climáticas. Proporá medidas de mitigación e adaptación, para acadar os obxectivos de reducción de emisións comprometidas e aumentar a resiliencia do municipio fronte ás amenazas relacionadas co cambio climático. Antes de 2025 a autoridade local deberá contar con medidas de loita contra a pobreza enerxética.

Este valente compromiso político marca o inicio dun proceso a longo prazo no que as cidades comprométense a supervisar a implementación dos seus plans cada dous anos.

 

O Pacto das Alcaldías para o Clima e a Enerxía - Europa está aberto a todas as autoridades locais constituídas democráticamente con representantes elixidos, independentemente do seu tamaño e a súa etapa de implementación das súas políticas sobre enerxía e clima.

As autoridades locais veciñas de pequeno e mediano tamaño tamén poden, baixo certas condicións, decidir unirse como un grupo de asinantes.

Os compromisos para os asinantes do Pacto están ligados ao marco político da UE sobre o clima ea enerxía: o paquete de clima e enerxía para 2020 para os asinantes que foron incorporados entre 2008 e 2015 e o marco para o clima e enerxía ata o 2030, así como a Estratexia da UE para a adaptación ao cambio climático no caso dos asinantes que o fixeron despois do 2015 e o Pacto Verde Europeo para os asinantes despois de xuño de 2021.

Os asinantes do Pacto comprométense a adoptar un enfoque integrado para a mitigación e adaptación ao cambio climático. Están obrigados a preparar, nos primeiros dous anos da súa adhesión, un Plan de Acción para o Clima e a Enerxía Sustentable cos obxectivos de reducir as emisións de CO2 en polo menos o 40% ata o 2030 e aumentar a resiliencia ao cambio climático. Ademais, antes de 2025 deberán contar con medidas de loita contra a pobreza enerxética.

Participa