A Xunta de Galicia colabora coa Asociación Española de Climatoloxía na celebración do 12º Congreso Internacional AEC, que leva por título “Retos do Cambio Climático: impactos, mitigación e adaptación”. O evento terá lugar o 14 de outubro de 2020 en Santiago de Compostela.
Dende a Oficina Técnica de Pacto dos Alcaldes, instrumento co financiado con fondos FEDER e coordinado a través da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, informamos que pode seguir as novidades do Congreso na web http://aeclim.org/documentacion/12-congreso-internacional-aec-santiago-de-compostela-2020/
As datas máis importantes a ter en conta son:
29 de febreiro de 2020: Data límite para o envío de resumos
9 de marzo de 2020: Comunicación de aceptación de resumos
11 de maio de 2020: Data límite de envío de traballos
1 de xullo de 2020: Data límite para envío de traballos corrixidos
14 de outubro de 2020: Celebración do 12º Congreso Internacional AEC
@GaliciaSostible #Compromiso