#WebinarPACES2021 - Formación online para a elaboración dos PACES dos Concellos de Galicia

Datas: 
xoves, 23 Setembro, 2021 - 12:00
Tipo de evento: 
Categoría: 

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda da Xunta de Galicia organiza un conxunto de accións en liña (Webinars) co obxectivo de facilitar coñecementos prácticos sobre a elaboración do Plan de Acción polo Clima e a Enerxía Sostible – PACES neste 2021.

Os municipios que se adhiren o Pacto dos Alcaldes asumen os obxectivos adoptados pola Unión Europea para frear os efectos do cambio climático, comprometéndose a reducir, de aquí o 2030, un 40% as emisións de CO2, ao tempo que adoptan medidas de adaptación a aqueles efectos do cambio climático xa irreversibles.

En Galicia, a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda da Xunta de Galicia é a coordinadora do Pacto dos Alcaldes na comunidade. Para elo, ponse a disposición dos Concellos galegos a Oficina Técnica de Pacto das Alcaldías, instrumento cofinanciado con fondos FEDER e coordinado pola Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático. Entre outras tarefas, acompaña e presta apoio tanto no proceso de adhesión como no de elaboración dos Plans de Acción polo Clima e a Enerxía Sostible – PACES.

O WebinarPACES2021 que impartirá a Oficina Técnica da Xunta de Galicia para o Pacto das Alcaldías terá como obxectivo abordar os seguintes bloques temáticos:

- Introdución ao Pacto das Alcaldías: o proxecto en Europa, novo Pacto 2050, tarefas de impulso e apoio da Xunta de Galicia, Concellos adheridos e compromisos adquiridos.
- Presentación da estrutura e contidos do Modelo PACES.
- Recursos para a elaboración do PACES.

Os destinatarios deste Webinar son técnicos municipais de concellos adheridos sen PACES e empresas que elaboran PACES.

Estes seminarios forman parte das accións con que a Xunta de Galicia participa de xeito activo na Semana Global de Acción polos Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable #Act4SDGs.

Para realizar a inscrición é preciso cumprimentar o seguinte cuestionario online: https://forms.gle/S61LwUGA2cndTbFU8 . A data límite de inscrición é o 21 de setembro ás 14h.

Cómpre lembrar que o contacto coa Oficina Técnica da Xunta de Galicia para o Pacto das Alcaldías pode realizarse chamando ao 670 506 359 ou ben enviando un correo electrónico á dirección pactodealcaldes@xunta.gal.

Axenda

L M M X V S D
 
1
 
2
 
3
 
4
 
5
 
6
 
7
 
8
 
9
 
10
 
11
 
12
 
13
 
14
 
15
 
16
 
17
 
18
 
19
 
20
 
21
 
22
 
23
 
24
 
25
 
26
 
27
 
28
 
29
 
30
 
31