A conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático, Ángeles Vázquez, visitou finca as Quintas, onde se plantaron exemplares de especias autóctonas ao abeiro desta iniciativa.
Na visita, a conselleira, acompañada polo delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, salientou que, desde que no ano 2018 a Xunta puxo en marcha a Oficina Técnica de Asistencia a Concellos, 263 municipios se adheriron a esta iniciativa, pasando dos 22 iniciais aos 285 da actualidade, dos que preto do 92% xa elaboraron o correspondente PACES. Estes plans son follas de ruta fundamentais de cara a mellorar a eficiencia enerxética, utilizar fontes de enerxía renovables, aumentar a resiliencia e reducir as emisións de CO2.
Galicia é a Comunidade na que máis descenderon as emisións netas de gases de efecto invernadoiro (59,8%) desde 1990 e a segunda no que se refire ás brutas (33%). Neste último caso, cómpre indicar que hai máis de 35 puntos porcentuais de diferencia con respecto ao nivel de emisións do conxunto de España, onde, ademais, non baixaron, senón que subiron un 2,4%.
Coñece toda a información sobre a visita na web da Xunta de Galicia