A conferencia terá lugar os días 19 e 20 de setembro na cidade de Varsovia, Polonia, e dise que promete ser unha reunión crucial de gobernos locais, lexisladores, expertos e partes interesadas dedicadas a abordar a pobreza enerxética e fomentar solucións sostibles a nivel local
Organizado polo Energy Poverty Advisory Hub (EPAH), a Dirección Xeral de Enerxía (DG ENER) da Comisión Europea e a rede polaca Energie-Cités (PNEC), o evento ten como obxectivo abordar a transición dos mecanismo de afrontamiento de emerxencia a políticas e medidas sostibles para reducir a pobreza enerxética para todos, incluídos os consumidores vulnerables e pobres en enerxía, e debater sobre recomendacións para os estados membros e municipios como marcos apropiados para abordar a pobreza enerxética.
Máis específicamente, os obxectivos desta conferencia serían:
- Poñer a nova realidade da pobreza eenrxética na axenda a todos os niveis de gobernanza.
- Intercambio entre cidades con diferentes traxectorias na loita contra a pobreza enerxética.
- Apoiar ás cidades para identificar e adoptar políticas a longo prazo para abordar a pobreza enerxética.
- Reflexionar sobre posibles recomendacións da UE sobre boas prácticas para abordar a pobreza enerxética a nivel local e nacional.
Próximamente estará dispoñible a ligazón de rexistro ao evento e tamén o programa en detalle no portal do EPAH.