Un novo informe destaca as tendencias enerxéticas entre os asinantes do Pacto das Alcaldías da UE

xoves, 23 Xaneiro, 2025 - 00:00

O último informe do Centro Común de Investigación da UE publicado no pasado mes de decembro destaca algunhas tendencias, avances e desafíos aos que se enfrontan os asinantes do Pacto das Alcaldías da UE na transición cara a un uso máis sustentable da enerxía

A análise realizada no marco deste informe ofrece unha visión en profundidade do consumo enerxético e do potencial de aforro en máis de 1.300 autoridades locais da UE comprometidas cos obxectivos climáticos e enerxéticos para 2030. Os resultados son extraídos de inventarios de emisións de base (BEIs), inventarios de monitorización de emisións (MEIs) e descrición de accións presentadas a través da plataforma MyCovenant, aínda máis enriquecidos por datos de seguimento CDP-ICLEI sobre iniciativas de enerxías renovables.

Algunhas das principais ideas extraídas deste informe son:

  • Os asinantes da UE seguen mostrando unha forte dependencia dos combustibles fósiles, que representan o 65% do consumo total da enerxía.
  • A produción de enerxía renovable per cápita sitúase en 1,17 MhW/ano, coa fotovoltaica liderando o camiño e a hidroeléctrica contribuíndo significativamente.
  • Os sistemas de calefacción e enerxía combinada (CHP) dominan o sector da produción local de calor e frío. As fontes de enerxía non renovables constitúen o 98,6% nos BEI, pero as fontes renovables experimentan un aumento do 22% nas MEIs, o que reflicte o progreso cara a sistemas enerxéticos máis verdes.
  • As políticas de aforro enerxético céntranse nos edificios e no transporte, con accións como a utilización de vehículos eficientes e eléctricos, a mellora do illamento e da eficiencia enerxética dos edificios e as campañas de sensibilización e programas de formación.

O informe ofrece valiosas ideas sobre o progreso e os desafíos aos que se enfrontan os gobernos locais para cumprir os seus compromisos enerxéticos e climáticos para 2030.

Se desexa consultar o informe completo pode facelo seguindo esta ligazón.