O estudo explora as conexións, as oportunidades e os desafíos do cambio demográfico e climático, e como se poden considerar na formulación de políticas climáticas da UE
O informe céntrase na demografía e a mitigación do cambio climático a través da análise das traxectorias das emisións e a poboación a nivel mundial e da Unión Europea. Pero dende o JRC apuntan que, se ben o crecemento da poboación se da por entendido que implica maiores emisións, a inercia intrínseca dos procesos demográficos implica que as solucións para reducir as emisións deben provir da redución das desigualdades, a ecoloxización da economía e un cambio no consumo.
Poñendo o foco na poboación maior de 65 anos, a nivel europeo o informe atopa que, aínda que en termos absolutos as persoas de maior rango de idade emiten menos, teñen maiores emisións per cápita, pois unha maior parte das súas emisións concéntrase en artículos de consumo intensivos en carbono e é menos probable que muden as súas actitudes ou comportamentos cara patróns máis sostibles co medio ambiente. Polo tanto, será cada vez máis importante abordar estas diferencias interxeracionais no consumo e enfocarse en medidas políticas para a eficiencia enerxética e as transicións ecolóxicas para as xeracións maiores.
Os cambios demográficos son relevantes para influír na capacidade de adaptación das sociedades para abordar o cambio climático. Non todos os territorios a nivel global se van ver afectados do mesmo xeito polos cambios producidos, polo que o informe destaca formas de mitigar o cambio climático nos grupos demográficos vulnerables e axudar a crear medidas para adaptarse.