A Comisión Europea seleccionou 107 proxectos de infraestruturas de transporte para recibir máis de 6,8 millóns de euros en subvencións no marco do Mecanismo "Conectar Europa" (MCE), o instrumento da UE para investimentos estratéxicos en infraestruturas de transporte
Unha gran parte dos fondos apoiarán proxectos para construír unha rede ferroviaria, fluvial e marítima máis eficiente, ecolóxica e intelixente ao longo da Rede Transeuropea de Transporte. Tamén se deu prioridade aos proncipales ligazóns ferroviarias transfronteirizas ao longo da rede básica da RTE-T. Estes inclúen o túnel de base do Brennero (que conecta Italia e Austria) o Ferrocarril Báltica (que une os tres Estados bálticos e Polonia co resto de Europa), así como a sección transfronteiriza entre Alemaña e os Países Baixos (Emmerich - Oberhausen), entre outros.
Os portos marítimos de Irlanda, Grecia, España, Letonia, Lituania, os Países Baixos e Polonia recibirán fondos para desenvolver enerxía en terra para reducir as emisións de gases de efecto invernadoiro dos buques amarrados.
Coa finalidade de que o transporte por vías navegables interiores estea preparado para o futuro, modernizarase a infraestrutura ao longo das vías navegables transfronteirizas Sena-Escalda entre Francia e Bélxica.
Os portos interiores do Danubio e o Rin, como Viena e Andernach, tamén se beneficiarán da mellora. Para aumentar aínda máis a seguridade e a interoperabilidade do transporte ferroviario da UE, instalarase o Sistema Europeo de Xestión do Tráfico Ferroviario (ERTMS) en trens e liñas ferroviarias de Chequia, Dinamarca, Alemaña, Francia, Austria e Eslovaquia.
Nas estradas, varios Estados membros da UE, despregarán sistemas e servizos de transporte intelixentes (STI), en particular STI cooperartivos, para un transporte máis seguro e eficiente.
Por último, varios Estados membros beneficiaranse do apoio a proxectos europeos de xestión do tránsito aéreo, con vistas a aumentar a eficiencia do transporte aéreo e crear un ceo único europeo.