Sergas participa no proxecto Life Resystal, unha iniciativa que sentará as bases para a adaptación climática de todo o sector sanitario europeo

venres, 24 Setembro, 2021 - 00:00

Presentouse no Hospital Universitario de Ourense o proxecto europeo  Life Resystal – Climate Change Resilience Framework for Health Systems and Hospitals, que sentará as bases dunha estratexia europea para a adaptación climática do sector sanitario europeo.

Esta será a primeira experiencia piloto que se realiza en España e a segunda en Europa. Durante os catro anos de duración do Life Resystal, os participantes teñen por obxectivo desenvolver, demostrar, avaliar e difundir un marco para promover a resiliencia ao clima e aos retos que o cambio climático supón a todos os niveis.

No Hospital Universitario de Ourense e nos públicos de Verín e O Barco de Valdeorras, faranse intervencións para mellorar a resiliencia das súas instalacións como, por exemplo, mediante corredores e paredes verdes, a repoboación e a plantación de árbores ou sistemas de aproveitamento de pluviais. O proxecto dará como resultado una serie de ferramentas que mellorarán a adaptación das infraestruturas. Tal e como apuntou José Flores, o obxectivo é que, en 2025, póidase trasladar en forma de estratexia a experiencia de Ourense a todas as infraestruturas sanitarias galegas.

A nivel europeo, o Servizo Galego de Saúde é xa un referente na loita contra cámbioo climático. Neste percorrido responsable, o Sergas leva máis de dez anos inmerso nun proceso de transformación cara un sistema sanitario sostible e resiliente, poñendo en marcha iniciativas innovadoras que promoven a sustentabilidade. Así, no 2019, o Sergas introduciu a Economía circular como modelo de xestión, co fin de desenvolver un marco de actuación co que reducir o impacto no medio ambiente o máximo posible, e que se engloba no plan de actuación mundial iniciado en 2015, coa Axenda 2030 que coordina Nacións Unidas. Ao mesmo tempo, desde hai dous anos, o Sergas forma parte da rede global “Green and Healthy Hospitals e Health Care Without Harm” e, o pasado decembro, coincidindo co quinto aniversario do desafío climático, do acordo de París e da posta en marcha da Axenda 2030, o Sergas foi galardoado con dous premios de ouro en liderado e resiliencia climática na atención sanitaria.