O sector do transporte é responsable de máis do 27 % das emisións de CO2 das cidades e de máis do 14 % das emisións anuais de gases de efecto invernadoiro (GEI)
As cidades deben establecer as estratexias de políticas de mobilidade máis adecuadas para cumprir cos obxectivos a longo prazo para contribuír a transición climática de cara ao horizonte 2050.Se estas queren lograr unha mobilidade sen emisións de carbono, deben incorporar estratexias de mitigación de emisións de carbono dentro dun enfoque a máis longo prazo, segundo a información proporcionada polo novo conxunto de resumos de políticas de mobilidade: 1) a planificación dunha ruta de transición a longo prazo sen emisións de carbono; 2) o papel da colaboración intersectorial na redución da necesidade de viaxar; 3) a creación da capacidade de gobernanza para lograr transicións de mobilidade urbana sostible; 4) o compromiso das partes interesadas: un banzo esencial para lograr unha visión integrada da sustentabilidade; 5) o intercambio de datos para facilitar e fortalecer o traballo en asociación e, por último, 6) lograr o cambio: desenvolver unha estratexia integral de implementación para cidades máis pequenas.
Este é só o primeiro dunha ampla gama de resumos de políticas derivados do proxecto CIVITAS SUMP-PLUS financiado polo programa de investigación e innovación Horizonte 2020 e que axuda ás cidades nas distintas etapas de desenvolvemento da mobilidade para pechar as brechas de implementación da mobilidade urbana sostible.
Pode consultar todos os resumos aquí.