O Consello Xeral de Economistas de España e o Consello Superior de Colexios de Arquitectos de España desenvolveron unha Guía sobre desgravacións fiscais para rehabilitación de vivendas e edificios residenciais. Nela, sinalan a idoneidade do 2022, xa que é o último ano no que se contará co incentivo fiscal, para acometer obras de rehabilitación enerxética en vivendas, co obxectivo de reducir a demanda de calefacción, refrixeración e consumo de enerxía primaria non renovable.
A guía distribuirase entre os profesionales colexiados en ambos os colectivos, para que actúen como transmisores da información cara á cidadanía. Ademais de contar os beneficios, inclúense as bonificacións existentes en detalle e exemplos para comprender como aplicalas de forma práctica.
Algunhas das consideracións que inclúe a guía son:
- Antes de levar a cabo calquera obra, débese ter un certificado enerxético expedido por profesional competente e, ademais, contar con outro certificado á finalización.
- Nas obras acometidas por comunidades de veciños, cada un destes poderá desgravar en función da súa cota de participación na comunidade.
- Os incentivos poden aplicarse para as vivendas que se teñan en condición de arrendamento.
En España, preto de 5,5 millóns de edificios residenciais e 9,7 vivendas principais son anteriores a 1980, que foi cando entrou en vigor a primeira normativa reguladora das condicións térmicas dos edificios. Actualmente, máis do 81% dos edificios existentes sitúase, en termos de emisións, nun nivel malo ou moi malo. No caso do consumo enerxético, a porcentaxe ascende ata o 84,5%. É por iso que se incluíu un plan específico para edificación dentro dos PRTR (Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia), cunha partida de 6.820 millóns de euros e co obxectivo de impulsar a rehabilitación do parque edificado en España.