Pódcast do Pacto das Alcaldías Episodio 3 - Ion Sola sobre a avaliación da adaptación ao cambio climático

martes, 23 Maio, 2023 - 00:00

No mes de marzo publicouse un novo pódcast da serie dedicada a dar resposta a como as cidades de toda europa poden adaptarse ao cambio climático

Neste novo episodio do pódcast do Pacto das Alcaldías Ion Sola Torralba, enxeñeiro ambiental de formación e doutor en Teledetección (2010-2016) e que actualmente traballa como técnico de proxectos en Nasuvinsa determinando indicadores de seguimento do cambio climático para o proxecto europeo LIFE-IP-NADAPTA-CC, falará sobre a avaliación da adaptación das cidades ao cambio climático.

Máis concretamente, o proxecto LIFE-IP-NADAPTA-CC ou "Estratexia integrada de adaptación ao cambio climático en Navarra" no que actualmente Ion Sola está traballando, ten como obxectivo deseñar e implementar medidas para adaptar Navarra aos efectos do cambio climático. Como punto de partida desta estratexia, a rexión emprega unha plataforma de seguimento que lles permite avaliar o impacto territorial dos efectos do cambio climático en Navarra.

Podes escoitar o pódcast completo no seguinte enlace.

¡ Moi pronto estará dispoñible o seguinte !