Paquete enérxetico cidadán

venres, 27 Marzo, 2026 - 00:00

Garantir unha transición enerxética xusta 

Para contribuír a garantir unha transición enerxética xusta que non deixe a ninguén atrás, a Comisión publicou o paquete de medidas sobre a enerxía para os cidadáns o 10 de marzo de 2026, que inclúe unha Comunicación e un informe de síntese adxunto.

O paquete é un paso crave para achegar enerxía accesible e capacitar aos cidadáns para participar activamente na transición enerxética. Establece accións concretas para:

  • Redución das facturas de enerxía dos fogares
  • Protexer e capacitar aos consumidores
  • Loitar contra a pobreza enerxética
  • Aplicar eficazmente a lexislación vixente da UE

Esta iniciativa apoia o Pacto Industrial Limpo e as estratexias de electrificación e dixitalización da UE, asegurando que estes avances realícense sempre en beneficio do consumidor.

A UE impulsa que os consumidores se adhiran a comunidades de enerxía, dotando ao consumidor de producir enerxía para uso propio ou compartila con veciños. Resultando nun aforro de 260 e 550 euros ao ano para fogares individuais e 440-930 euros para comunidades.

Para garantir custos competitivos, as normas actuais aseguran unha variedade de contratos adaptables: os usuarios poden combinar contratos de prezo fixo para o fogar con tarifas dinámicas para servizos de alto consumo, como vehículos eléctricos. Ademais, mellórase a información previa á contratación e facilítase o acceso a enerxías renovables mediante acordos privados ou comunidades enerxéticas.

Así mesmo, a reforma garante a continuidade da subministración a través da figura do «provedor de último recurso» en caso de quebra dunha compañía. Tamén se facilita o acceso a produtos de cobertura e acordos de compra de electricidade para comunidades enerxéticas. Segundo o Plan de Acción sobre Enerxía Alcanzable, os fogares poderían aforrar entre 150 e 200 EUR anuais simplemente optando polo provedor máis económico.

Baixo a nova Directiva do mercado eléctrico, Directiva (UE) 2019/944 sobre normas comuns para o mercado interior da electricidade, os consumidores poderán acceder máis facilmente a enerxía renovable compartida xerada por familiares, veciños ou comunidades, mesmo se se produce fóra da súa localización. Este modelo permite desvincular as facturas domésticas da volatilidade dos prezos do gas. Os participantes teñen dereito a reducir a súa factura en proporción á enerxía que autoconsumen e poden fixar prezos para o seu excedente, asegurando así un retorno de investimento podendo supoñer un aforro anual de entre 500 e 1.100 EUR.

A lexislación revisada sobre o mercado eléctrico reforza a loita contra a pobreza enerxética, obrigando aos estados membros para protexer aos consumidores máis vulnerables contra a desconexión da subministración. A maiores, en situacións de emerxencia, dótase os países da UE para intervir na fixación de prezos para fogares e pemes.

Os municipios son pezas crave para unha transición enerxética xusta, xa que xestionan edificios públicos e mobilizan á cidadanía cara a accións colectivas. As cidades e rexións facilitan o uso compartido de enerxía e a creación de comunidades enerxéticas mediante a axilización de permisos e o acceso a fondos rexionais.

Ademais, os Estados membro poñen ao dispor dos usuarios puntos de contacto nacionais e ferramentas oficiais para comparar contratos de enerxía, asegurando unha maior transparencia no mercado.

Ao longo dos últimos anos, a Comisión puxo en marcha varias iniciativas para mellorar a acción a nivel local, como o Centro de Asesoramento sobre Enerxía dos Cidadáns, o Pacto das Alcaldías e o Mercado de Cidades Intelixentes, entre outros