O Parlamento Europeo aprobou o proxecto lexislativo que obriga a elevar a porcentaxe de combustible sostible que debe utilizar os avións e aeroportos europes co obxectivo de reducir as emisións do sector e contribuir a alcanzar o obxectivo de neutralidade climática en 2050.
A aviación civil representa o 13,4% das emisións totais de CO2 do transporte da UE, representando ademais, un dos sectores máis complicados de descarbonizar.
A partir de 2025, os avións e aeroportos deberán dispoñer un 2% de combustibles sostibles, elevándose ao 37% en 2040 e ao 85% en 2050. Dentro dos combustibles considerados como sostibles inclúense os combustibles sintéticos, os biocombustibles obtidos de refugallos agrícolas, a electricidade renovable e o hidróxeno.
Dentro desta iniciativa inclúese a proposta de creación dun Fondo para unha aviación sostible de 2030 a 2050, para facilitar a descarbonización do sector e apoiar a inversión en combustibles sostibles.
Esta iniciativa, "ReFuelEU Aviation" integrase dentro do paquete "Fit for 55 en 2030", que representa a estratexia da UE para reducir nun 55% as emisións, en comparación co ano 1900.
Máis información: Los aviones de la UE deberán utilizar un 85% de combustible sostenible en 2050 - Actualidad RETEMA