A Oficina Europea do Pacto das Alcaldías e Smart Cities Marketplace organizan o vindeiro 19 de xaneiro unha nova webinar para poñer en contacto cidades e investidores

mércores, 23 Decembro, 2020 - 00:00

Smart Cities Marketplace é unha plataforma impulsada pola Comisión Europea que aglutina cidades, industria, pequenas e medianas empresas, bancos, investigadores e outras partes interesadas no desenvolvemento urbano sostible e integrado, proporcionando apoio na posta en marcha de modelos de negocio e información sobre procura de financiamento.

Dirixido a empregados públicos, proxectistas, expertos... que están buscando solucións de financiamento para as súas accións de enerxía e clima, o evento procura o diálogo entre as necesidades de financiamento das cidades e os resultados que os investidores agardan cando substentan estas iniciativas.

Unha boa oportunidade para comezar a explorar as posibilidades de financiamento de moitas das medidas de mitigación e adaptación incluídas nos PACES recentemente aprobados polos concellos galegos.

+INFO: https://www.eventbrite.co.uk/e/financing-climate-energy-actions-dialogue-between-cities-and-investors-tickets-130687530923