O organismo CINEA organiza unha sesión informativa sobre o Mecanismo Europeo para as Cidades para os potenciais solicitantes. En forma de subvención, o EUCF financia servizos e actividades para apoiar o desenvolvemento de conceptos de investimento, como estudos de viabilidade (de tipoloxía técnica); análise de mercado; análise das partes interesadas; análises xurídicas, económicos e financeiros; análise de riscos e outras tarefas de apoio. É dicir, non se financian directamente os investimentos se non que se trata de desenvolver as ferramentas para acceder a outros instrumentos.
Entre os obxectivos específicos deste Mecanismo atópase o de desenvolver a capacidade do persoal municipal para desenvolver proxectos substanciais e proporcionarlles ferramentas, redes e oportunidades de transferencia de coñecementos.
A convocatoria de propostas do Mecanismo Europeo para as Cidades (EUCF) (LIFE-2021- CET- EUCF) no marco do proxecto do programa LIFE Transición cara á Enerxía Limpa, está aberta ata o 3 de Marzo de 2022.
O próximo 13 de decembro celebrarase unha sesión informativa en formato en liña, en horario de 10:00 a 11:30 h. Nela, ofrecerase unha visión xeral da convocatoria do Instrumento para as Cidades Europeas, incluíndo o marco político e a visión das experiencias relevantes da iniciativa actual. Os solicitantes interesados tamén terán a oportunidade de formular as súas preguntas nun espazo dedicado ás preguntas e respostas.
Non se require rexistro para poder participar na sesión informativa. A ligazón para acceder á mesma é o seguinte: https://webcast.ec.europa.eu/european-city-facility-info-day
A gravación da sesión estará dispoñible tras o seu peche na páxina de LIFE: https://cinea.ec.europa.eu/life/life-calls-proposals_en#ecl-inpage-1777