O Manual, compoñente da campaña "Green Deal Going Local", ten como obxectivo equipar ás autoridades locais e rexionais coas medidas adecuadas para afrontar o cambio climático
Coa finalidade de equipar ás autoridades locais e rexionais coas medidas adecuadas para facer fronte aos perigos do cambio climático, o Comité das Rexións publicou un Manual que proporciona orientación específica sobre axuda financeira e asistencia técnica no campo da adaptación. No futurom desenvolverase unha guía similar nas áreas da ola da renovación e protección da biodiversidade.
Posto que non existe unha única solución para a implementación local e rexional do Acordo Verde, pois cada contexto é diferente dependendo da zona (dende o urbano ata o rural, de montaña e zonas costeiras, etc.), o Manual proporciona unha guía paso a paso adaptada a cada territorio.
Así, de maneira creativa e interactiva, proporciona información sobre instrumentos financeiros e técnicos específicos baseados en activos e vulnerabilidades xeográficas e institucionais. Tamén proporciona as mellores prácticas que ilustran cómo os lexisladores locais e rexionais poden implementar os obxectivos de adaptación do Acordo Verde da UE.
O Manual dispoñible para o territorio español pódese descargar no seguinte enlace.