O Banco Europeo de Investimentos realiza un estudo sobre as preocupacións da cidadanía sobre o quecemento global

venres, 28 Agosto, 2020 - 00:00

A Oficina Técnica da Xunta para o Pacto das Alcaldías comparte o estudo levado a cabo por o Banco Europeo de Investimentos, no que se detallan as preocupacións dos cidadáns sobre o quecemento global e o que a xente quere que os gobernos e as empresas fagan para deter o cambio climático.

A segunda enquisa climática anual do Banco Europeo de Investimentos detalla os coñecementos, as actitudes, as accións, os temores e as recomendacións dos cidadáns por país na Unión Europea (incluído o Reino Unido, que aínda era membro da Unión Europea cando levou a cabo a enquisa). Presenta unha imaxe clara dos comportamentos e crenzas desde Estonia ata Portugal.

Preocupacións dos cidadáns sobre o quecemento global: Canto lles importa?

A profundidade da preocupación polo clima entre os 30.000 cidadáns enquisados está detrás do sorprendente achado de que a maioría dos cidadáns están dispostos a pagar un novo imposto. Os europeos non ven a crise climática como algo que sucede noutros lugares e para outras persoas. A enquisa mostra que os europeos cren que eles e os seus fillos veranse, se é que aínda non o están, directamente afectados polo cambio climático. Algunhas conclusións mostran que:

  • O 90% dos europeos cre que os seus fillos sentirán as consecuencias do cambio climático na súa vida diaria.
  • O 33% dos europeos cre que terá que trasladarse a unha rexión ou país máis frío ou máis cálido debido ao cambio climático.
  • Só o 9% dos cidadáns europeos non cre que o cambio climático estea a ocorrer, en comparación co 18% nos Estados Unidos.

+INFO e acceso ao estudio en: https://www.eib.org/en/stories/citizen-global-warming-concerns?utm_source=twitter&utm_medium=Social&utm_campaign=Blog-ProjectStory&utm_content=Actions%20for%20optimists&cid=Social_twitter_Blog-ProjectStory_2020-08-07-01_en_Actions%20for%20optimists_na_na

@GaliciaSostible #Compromiso