Novo informe de políticas REACHOUT para impulsar a innovación urbana

xoves, 5 Setembro, 2024 - 00:00

Facilitando a cocreación de servizos climáticos en cidades europeas

O proxecto REACHOUT vén de publicar o seu segundo informe de políticas, centrado na facilitación da innovación urbana mediante a cocreación de servizos climáticos. Este informe recolle experiencias de varias cidades europeas, tanto grandes como pequenas, que participaron en hubs de cocreación para desenvolver solucións climáticas. A través da aplicación de ferramentas como Triple-A, as cidades participantes colaboraron en proxectos que permiten abordar mellor os riscos asociados ao cambio climático.

O informe destaca a importancia de involucrar aos actores locais na creación destas solucións, permitindo un enfoque máis inclusivo e eficiente para mellorar a resiliencia urbana. Grazas aos centros de cocreación, que incluen cidades pequenas (Lillestrøm, Cork, Gdynia, Logroño) e cidades máis grandes (Milán, Atenas, Amsterdam) ofreceron un espazo para a experimentación e a aprendizaxe compartida.

Esta guía axuda a guiar a outros municipios interesados en implementar solucións similares, promovendo unha innovación que combina tecnoloxía, colaboración local e planificación urbana sostible.Consulta o informe completo para máis detalles sobre os estudos de caso e as recomendacións para cidades aquí: REACHOUT.