Levar o lixo a vertedoiros xera un 245% máis de emisións GEI que a súa valorización enerxética

mércores, 26 Maio, 2021 - 00:00

A pegada de carbono da valorización enerxética é claramente menor que a asociada á eliminación en vertedoiros. Así o manifesta G-Advisory, firma de asesoramento independente do Grupo Garrigues, nun informe encargado po  Aeversu, a Asociación de Empresas de Valorización Enerxética de Residuos Urbanos, sobre o impacto ambiental da valorización enerxética en España e Andorra, comparado co depósito en vertedoiros.

A pegada de carbono mide a totalidade de GEI emitidos por efecto directo ou indirecto, co fin de determinar a súa contribución ao cambio climático, e exprésase en toneladas de CO2 equivalentes ( tC02 e). No caso da xestión de residuos urbanos, principal sistema en España que segue tendo como destino a vertedoiro, representa o 4% das emisións de GEI (Gases de Efecto Invernadoiro).

Tras a análise levada a cabo por G- Advisory, demóstrase que os vertedoiros emiten 772 kg CO2 e por tonelada tratada, mentres que a valorización xera unhas emisións de 224 kg CO2 e por tonelada tratada. É dicir, os vertedoiros emiten un 245% máis de emisións GEI que a valorización enerxética.

Fonte e +INFO en https://aeversu.org/llevar-la-basura-a-vertederos-genera-un-245-mas-de-e...