Green Deal: Reducindo os gases fluorados de efecto invernadoiro e as substancias perxudiciais para a capa de ozono

mércores, 13 Abril, 2022 - 00:00

A Comisión Europea propón dúas novas regulacións para endurecer o control dos gases fluorados de efecto invernadoiro (Gases F) e substancias prexudiciais para a capa de ozono (ODS). A adopción destas regulacións permitirá limitar o crecemento da temperatura global en liña co Acordo de París. Esta proposta contribuirá ademais a reducir as emisións ao 55% en 2030 e a alcanzar a neutralidade climñatica en Europa en 2050.

Os gases fluorados e ODS contribúen cumpridamente ao quecemento global, sendo exponencialmente máis prexudiciais que as emisións de dióxido de carbono. Os ODS afectan á capa de ozono encargada de protexer a Terra contra a radiación ultravioleta. Ambas as substancias son comunmente usadas na vida diaria: refrixeración, aires acondicionados, insulación, protección contra incendios, liñas enerxéticas e aerosois.

Estas regulacións contemplan:

- Unha maior ambición: Os gases F só poderán ser utilizados naquelas aplicacións onde non exista unha alternativa viable. Implementarase como requisito a recuperación e destrución das substancias ODS no illamento das estruturas que sexan renovadas ou demolidas.

- Implementación mellorada: A proposta permite mellorar o control das importacións e exportacións de gases F e ODS, reducindo o comercio ilegal destas substancias. Ademais, increméntanse os requisitos para a certificación de enxeñeiros que poidan manipular estas substancias.

- Vixilancia comprensiva: Aumentarase o número de substancias e actividades monitoradas polas autoridades.

Máis información: https://ec.europa.eu/commission/presscorner/detail/en/ip_22_2189