O Foro de Investimento do Pacto dos Alcaldes - Energy Efficiency Finance Market Place terá lugar en Bruxelas o próximo 18 de outubro. A edición de 2022 do foro será organizada conxuntamente polas Direccións Xerais de Enerxía e Acción polo Clima da Comisión Europea, o Pacto dos Alcaldes polo Clima e a Enerxía e a Axencia Executiva Europea de Clima, Infraestrutura e Medio Ambiente (CINEA).
A conferencia incluirá sesións plenarias con representantes de alto nivel da Comisión Europea, as cidades e a comunidade investidora. Presentaranse iniciativas pioneiras que fomenten o cambio a nivel local, como plans e estratexias sostibles para a transición enerxética, financiamento da eficiencia enerxética no sector público e privado e investimentos en renovación de vivendas.
O foro reunirá a cidades, industria e institucións financeiras para intercambiar boas prácticas e solucións exitosas a desafíos comúns. Tamén ofrecerá moitas oportunidades para establecer contactos.
Para o rexistro aquí.