Energy Cities lanza un novo proxecto que desenvolverá e probará enfoques de eficiencia e cooperación en 8 cidades e rexións europeas para abordar as limitacións enerxéticas ao longo de tres anos
As autoridades públicas europeas atópanse #ante o panorama de ter que planificar de maneira máis eficiente os recursos e o seu compromiso para reducir as emisións de carbono. É necesario crear as infraestruturas e os sitemas que permitan ás persoas vivir unha vida de calidade, dentro dos límites ambientais do noso planeta. Así, a cidade frugal atopa formas de organizar barrios, sistemas técnicos urbanos e edificios; e as súas interaccións baseásense en dous enfoques transversais distintos neste proxecto que pretendemos dar a coñecer:
- Suficiencia: A baixa tecnoloxía está no corazón da innovación "frugal": trátase de satisfacer as necesidades de formas ultrasimples. Unha tecnoloxía suficiente cubrirá as necesidades utilizando as solucións menos sofisticadas e menos custosas posibles, sen alterar a calidade do resultado final. O ecodiseño de servizos urbanos, infraestruturas e edificios está no centro deste enfoque.
- Cooperación: Actuar individualmente non será suficiente. Unha boa forma de avanzar é aumentar o beneficio colectivo, a través da cooperación entre funcionarios electos, empresarios e cidadáns.
Como xa mencionamos, o proxecto FEEL probará e desenvolverá enfoques de suficiencia e cooperación en 8 cidades e rexións europeas. Os socios do proxecto aplicarán os principios de frugalidade en esquemas para renovar vivendas antigas e involucrar ás súas comunidades.
As cidades e rexións europeas cooperarán nestes dous desafíos:
- Desenvolvemento do enfoque frugal: solucións ultrasimples, suficiencia e participación comunitaria e,
- Transición á cidade frugal: modelo de negocio; aceptación pública e adopción.