A European City Facility lanzará outras tres convocatorias que proporcionarán aos gobernos locais e as suas entidades afiliadas un total de 209 subvencións de 60.000€ para desenvolver conceptos de inversión en enerxías limpas e eficiencia enerxética
Está previsto que a primeira convocatoria para as cidades beneficiarias se abra en abril do 2023 e anunciarase primeiro a través da “Call Alert” á que as cidades interesadas poden inscribirse na web do proxecto aquí.
A continuación da European City Facility prodúcese tras o éxito de catro convocatorias nas que un total de 213 cidades recibiron apoio para desenvolver conceptos de investimento que buscaban máis de 320 millóns de euros en financiamento público e privado para accións climáticas e enerxéticas.
Ademais das convocatorias continuadas, a European City Facility tamén ofrecerá aos gobernos locais elixidos a capacitación sobre o financiamento de proxectos de enerxía limpa e eficiencia enerxética, e traballará cos mellores casos para compartir a súa experiencia con outras cidades europeas que busquen salvar a brecha actual entre as ambicións locais e o financiamento dispoñible.
As novas convocatorias ofreceranse no marco do programa LIFE, o instrumento de financiamento da UE para o medio ambiente e a acción polo clima.