Dispoñible o Informe Anual de Actividades do Pacto das Alcaldías 2021

mércores, 6 Abril, 2022 - 00:00

A Oficina do Pacto das Alcaldías Europa publicou o novo informe de actividades 2021.

Nel atópanse todas as accións, seminarios web e talleres que se realizaron durante o ano pasado.

O informe recompila as actividades relacionadas con:

- A mitigación do cambio climático

- A adaptación ao cambio climático

- O alivio da pobreza enerxética

- O financiamento

- A  gobernanza a varios niveis

O informe está dispoñible para a súa descarga nesta ligazón da biblioteca virtual.