Dez concellos galegos xa están adheridos aos obxectivos 2050 do Pacto das Alcaldías para o Clima e a Enerxía

mércores, 27 Abril, 2022 - 00:00

Co municipio de Esgos son 283 concellos adheridos ao Pacto das Alcaldías en Galicia, o cal significa un 90% sobre o total dos concellos galegos.

O Pacto das Alcaldías é unha iniciativa impulsada pola Comisión Europea en 2008, a cal se converteu no maior movemento internacional para buscar sinerxias entre as distintas administracións #ante o cambio climático, cunha mención especial ao labor dos concellos pola relación directa que teñen cos cidadáns.

Os municipios asinantes comprométense a realizar accións para apoiar a implantación do obxectivo europeo de redución dos gases de efecto invernadoiro nun 40 % en 2030, así como a adopción dun enfoque común para o impulso da mitigación e a adaptación ao cambio climático. O obxectivo a 2050 é alcanzar a neutralidade climática.

En Galicia xa se comprometeron a estes obxectivos de 2050 os concellos de: Vilamarín, Vilar de Santos, Porqueira, Sarreaus, Campo Lameiro, Maceda, Piñor, Oza-Cesuras, Guntín e Esgos.