Convocatoria de asistencia técnica no marco do Repositorio de Comunidades Enerxéticas

luns, 6 Xuño, 2022 - 00:00

O Repositorio de Comunidades Enerxéticas, unha iniciativa lanzada pola Comisión Europea en abril de 2022, organiza un seminario web en liña o 21 de xuño para lanzar unha convocatoria aberta de asistencia técnica para comunidades enerxéticas en Europa. As solicitudes están abertas para comunidades en calquera fase de desenvolvemento, desde grupos informais de locais que desexen levar a cabo proxectos enerxéticos comunitarios ata entidades legais ben establecidas que xa haxan desenvolvido proxectos pero que necesiten apoio para facer máis.

As posibilidades de asistencia técnica dentro desta convocatoria inclúen, entre outras

⁻              estudos de viabilidade

⁻              apoio ao desenvolvemento de modelos financeiros

⁻              irmandamento con outras comunidades enerxéticas

⁻              apoio directo de expertos nacionais

⁻              seminarios web de desenvolvemento de capacidades en toda a UE

O Repositorio de Comunidades Enerxéticas proporcionará apoio técnico ás comunidades enerxéticas cuxas actividades se desenvolvan principalmente en zonas urbanas. No caso das comunidades rurais, o Centro de Asesoramento de Comunidades Enerxéticas Rurais, que se poñerá en marcha o 17 de xuño, actuará como unha extensión do repositorio e centrarase en alentar e permitir aos cidadáns, as pequenas empresas, os agricultores e as autoridades locais unirse e crear comunidades enerxéticas nas zonas rurais europeas. Ambas as iniciativas de comunidades enerxéticas colaborarán estreitamente.

Este seminario web terá lugar en liña.

Rexistro en: https://ec.europa.eu/eusurvey/runner/Energy-Communities-Technical-Assistance-Launch