Convócanse novas axudas para impulsar a eficiencia enerxética nas vivendas.

venres, 10 Marzo, 2023 - 00:00

En abril publicaranse novas axudas á eficiencia enerxética de vivendas e edificios de uso residencial.

O goberno galego apoiará aos particulares e comunidades de veciños nas distintas obras que realicen de rehabilitación para a mellora da eficiencia enerxética no ámbito residencial. Estas axudas serán convocadas por parte da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda e xestionadas co Instituto Galego de Vivenda e Solo, co financiamento de fondos europeos.

En exercicios anteriores, as subvencións acadaron os 21,57 millóns de euros e un total de 251 axudas, leváronse a cabo case o total destas, xa que se rozou o 95%. O que aínda se descoñece é a contía destas axudas para o ano 2023. O ámbito de actuación de estas axudas establécese en 2500 vivendas en toda Galicia.

O importe máximo que se pode conceder por domicilio é de 38.750 euros, que teñen que ser destinados á mellora da eficiencia enerxética da vivenda, onde destacan as intervencións en mellora de elementos envolventes e o relevo de equipos de calefacción e auga quente. O obxectivo marcado é reducir o consumo nunha porcentaxe maior ao 30% por cada vivenda.