A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, salientou o traballo realizado por Galicia sobre a economía circular e a dixitalización en beneficio do medio ambiente na postura común trasladada polo conxunto das comunidades ao Goberno central.
Destacou que, ante o novo Plan de acción para a economía circular, é necesario dispoñer os instrumentos financeiros suficientes, flexibles e baseados en resultados para a execución do mesmo. Nese sentido, defendeu unha maior participación das rexións autonómicas, pois son as encargadas da xestión dos instrumentos financeiros e de impulsar a materialización das distintas accións.
Outro das posicións comúns acadadas, e apoiadas por Galicia, é o proceso de dixitalización en beneficio do medio ambiente. A Administración galega defende coñecer e divulgar a pegada ambiental dos produtos, no canto de falar de pegada de carbono.
@GaliciaSostible #Compromiso