Como funciona a eliminación sostible de carbono?

martes, 7 Marzo, 2023 - 00:00

A absorción de carbono, un forte aliado para alcanzar a neutralidade climática

Reducir as emisións de gases de efecto invernadoiro a cero absoluto será todo un reto. Por iso, para compensar as emisións que son difíciles de evitar, temos que capturar parte do dióxido de carbono que xa existe e eliminalo da atmosfera.

Hai diferentes maneiras de levalo a cabo, por exemplo, utilizar a natureza, a tecnoloxía, ou o almacenamento de carbono en produtos como a madeira ou outros materiais duradeiros.

A nosa terra e bosques poden absorber grandes cantidades de carbono. Para axudar a combater o cambio climático necesitamos manter os nosos ecosistemas en boas condicións para adoptar prácticas agricultoras respectuosas co clima, como sucede coas turberas co Hydrology LIFE Project en Finlandia ou o LIFE AGROMITIGA Project, levado a cabo en España.

Doutra banda, utilizar a tecnoloxía para extraer o carbono da atmosfera chama a atención ao longo dos anos: co Fondo de Innovación, a UE apoiou estas solucións en toda Europa. Por exemplo, en Estocolmo, está a cofinanciar a adicción dunha instalación de Captura e Almacenamento do Carbono (CAC) a unha central eléctrica local. Pero hai outra forma, o proxecto Vivihouse desenvolveu un sistema de construción sostible que pode reducir o uso dos recursos e axudar a eliminar o CO2 da atmosfera mediante o almacenamento do carbono na madeira e outros materiais de longa vida e de orixe biolóxica.