A Comisión Europea propuxo o uso dunha serie de indicadores para monitorear o progreso cara aos obxectivos ambientais e climáticos 2030, así como unha visión a longo prazo para 2050. Con esta formulación preténdese aumentar a transparencia e conseguir unha maior información sobre o impacto das políticas ambientais e climáticas da Unión Europea, ademais dos aspectos económicos e sociais.
Os indicadores que axudarán a conseguir estes avances na medición das accións da UE seguen a estrutura do VIII Programa de Acción en materia de Medio Ambiente sobre a base do Pacto Verde Europeo. Incluirán indicadores para a medición dos avances cara ao tratamento das principais presións ambientais e climáticas, indicadores para supervisar os avances no establecemento das principais condicións propiciatorias e por último, unha serie de indicadores dedicados a medir os avances cara ás tres dimensións do benestar ambiental.
Para unha xestión optima dos datos obtidos, os resultados que sexan xerados polos indicadores serán recompilados anualmente para o seu estudo e comparativa cos anos anteriores.
A Comisión seguirá promovendo a coherencia entre estes novos indicadores clave do VIII Programa de Acción en materia de Medio Ambiente e outros instrumentos transversais como o Semestre Europeo ou o seguimento dos ODS.