A Comisión Europea e o Banco Europeo de Investimentos (BEI) asinaron un acordo sobre o Servizo de Préstamos ao Sector Público para achandar o camiño ás entidades do sector público nos territorios e rexións da UE que máis necesitan apoio na transición de Europa cara a unha economía climáticamente neutra para beneficiarse de 1 500 millóns de euros de subvencións da Comisión e 10 000 millóns de euros de préstamos do BEI.
A Comisionada de Cohesión e Reformas, Elisa Ferreira, afirmou: “O Pacto Verde Europeo é a nosa estratexia para lograr unha economía climáticamente neutra e a Política de Cohesión axudará a lograr os nosos obxectivos ecolóxicos de maneira xusta. Grazas a este acordo co BEI, ofrecerase ás administracións públicas das rexións e territorios condiciones preferentes de préstamo para proxectos que non xeren ingresos suficientes para ser financeiramente viables. A Comisión Europea e o BEI seguirán traballando xuntos para apoiar unha transición xusta que non deixe a ninguén atrás”. Espérase que o acordo mobilice entre 18.000 e 20.000 millóns de euros durante os próximos 7 anos.
Para ser beneficiarios destas axudas, os proxectos deben estar situados en, ou beneficiar, territorios que os Estados membros identificaron nos seus Plans Territoriais de Transición Xusta. Convídase as entidades do sector público das rexións de transición xusta a consultar a documentación pertinente e presentar as súas propostas no portal de Financiamento e Licitacións da Comisión. Os posibles beneficiarios tamén poden solicitar asesoramento ao Centro de Asesoramento de InvestEU.
Máis información aquí.