Este novo acto de execución adoptado o pasado martes 6 de xuño ten o obxectivo de protexer aos consumidores e empoderalos a través da dixitalización para ser máis activos na transición enerxética
O reglamento é o primeiro dunha serie deste tipo, que se implementarán nos próximos dous anos para facilitar a interoperabilidade dos datos do consumidor de enerxía, de conformidade co Artículo 24 da Directiva de Electricidade (EU/2019/944), e un dos resultados chave do Plan de Acción para a Dixitalización da Enerxía.
Segundo a nova lei, os consumidores poderán acceder facilmente aos seus datos de medición e tamén dar permiso para que os datos sobre o seu consumo ou xeración de enerxía sexan empregados por terceiros de maneira que os beneficien. Esto poderían incluir, por exemplo, recibir unha estimación personalizada de que contrato sería mellor e máis barato para satisfacer as súas necesidades enerxéticas, instalacións de enerxía renovable ou aforro de enerxía.
Para as empresas e os operadores de sistemas, estas normas facilitarán o seu funcionamento no mercado interior e o fluxo de datos fácil, seguro e protexido a aqueles que o precisen. Á súa vez, isto axudará aos operadores a mellorar os procesos existentes e incentivar o desenvolvemento e a entrega de novos servizos enerxéticos, como o intercambio de enerxía e a resposta da demanda.
A adopción do acto de execución do pasado martes segue a unha fase de desenvolvemento intensivo e un proceso de consulta coas partes interesadas relevantes para garantir que as novas normas cubran todos os temas necesarios e sexan viables na práctica.