Cinco actividades para que os nenos aprendan a reducir a contaminación por plásticos

mércores, 25 Marzo, 2020 - 00:00

Dende a Oficina Técnica de Pacto dos Alcaldes, coordinada pola Dirección Xeral de Cambio Climático e Calidade Ambiental da Xunta de Galicia, compartimos ​ESTE ARTIGO do Programa para o Medio Ambiente da ONU, onde se reflicten algunhas ideas para distraer aos máis novos e ensinarlles acerca dun dos maiores desafíos ambientais do noso tempo: a contaminación por plásticos.

Escolas, universidades e recintos de eventos en todo o mundo están a pechar a causa do brote de COVID-19. Segundo a UNESCO, máis da metade da poboación estudantil mundial está afectada polas suspensións en máis de 100 países. Nese escenario, pode ser difícil manter aos nenos ocupados con actividades emocionantes, especialmente cando os pais traballan desde casa.

#Compromiso @GaliciaSostible