Chamada ás autoridades locais para solicitar apoio a medida para avanzar en materia de adaptación

venres, 22 Abril, 2022 - 00:00

O Mecanismo de Apoio ás Políticas é unha nova iniciativa lanzada pola Comisión Europea no marco do Pacto dos Alcaldes - Europa para axudar ás autoridades locais e rexionais a aplicar estratexias de adaptación.

Neste marco, 40 autoridades locais e rexionais de 12 Estados membros da UE terán a oportunidade de recibir apoio personalizado de expertos nacionais e europeos para avanzar nas medidas de adaptación. O apoio do Mecanismo de Apoio ás Políticas centrarase nunha medida prioritaria identificada pola cidade ou rexión. Pode tratarse de calquera cousa relacionada coa adaptación ao clima: pode ser preparar o traballo de base para identificar os riscos e as vulnerabilidades, desenvolver unha política local para incentivar as solucións baseadas na natureza, ou mesmo realizar un estudo de viabilidade para un proxecto de infraestrutura de captación de augas pluviais.

As cidades e rexións de Bulgaria, Croacia, República Checa, Grecia, Hungría, Italia, Polonia, Portugal, Romanía, Eslovaquia, Eslovenia e España que estean dispostas a participar están convidadas a encher unha sinxela solicitude antes do 31 de maio de 2022.

Máis información e solicitude aquí.