Os vindeiros 5, 6 e 7 de novembro terá lugar en Barcelona o Smart City Expo World Congress 2024, o evento más grande e influínte do mundo en materia de cidades e innovación urbana
Dende o ano 2011 ten lugar en Barcelona o maior evento do mundo en materia de cidades e innovación urbana. Cada ano, o evento consegue reunir tanto a líderes de empresas, como gobernos e organizacións globais para impulsar ás cidades cara un futuro mellor.
O obxectivo do congreso é colectivizar a innovación urbana en todo o mundo e empoderar ás cidades para que aborden os desafíos críticos aos que se enfrontan na actualidade. Así mesmo, o congreso ten como misión acelerar un modelo urbano máis brillante cara cidades verdes, eficientes e prósperas que non deixen a ninguén atrás.
No marco do Smart City Expo World Congress 2024 terá lugar o 6 de novembro ás 10:00 horas a Sesión con cidades españolas, organizada polo Smart Cities Marketplace en conxunto co Pacto das Alcaldías – Europa e que ten como obxectivo principal reunir a representantes de cidades españolas e a inversores privados para identificar proxectos que recibirán asistencia técnica por parte do Smart Cities Marketplace.
Na sesión participarán tamén como moderadoras dúas representantes de GNE Finance, boutique de inversión, financiación e asesoramento que se dedica dende o ano 2016 a invertir en empresas de tecnoloxía climática nas súas etapas iniciais e de crecemento.
Ao comezo da reunión, os moderadores do evento realizarán unha breve presentación do Pacto das Alcaldías e os servizos do Smart Cities Marketplace. Por parte da GNE Finance, darase unha visión global de cales son os compoñentes esenciais que fan que un proxecto poda ser atractivo ou interesante para un inversor, así como cales son as oportunidades e vías das que dispoñen as cidades para explorar opcións de financiamento.
Na segunda parte da sesión terá lugar unha mesa redonda na que os participantes poderán poñer en común as súas necesidades de proxectos, especialmente para entender a perspectiva dun inversor privado. Desta maneira, os representantes de cidades teñen a oportunidade de entender de primeira man como poden deseñar ou adaptar os seus proxectos para que teñan máis probabilidades de éxito.