A Dirección Xeral de Acción polo Clima da UE lanza unha consulta para recompilar as opinións das persoas sobre o obxectivo climático intermedio da UE para o 2040, establecendo un camiño dende os obxectivos xa acordados para 2030 ata emisións cero para 2050
Lanzouse unha consulta pública posto que o cambio climático segue a ser o desafío definitorio das próximas décadas. A través dunha acción climática eficaz, pódese garantir que Europa sexa resistente ao cambio climático e axudar a minimizalo; e, ao mesmo tempo, a transición verde presenta moitas oportunidades para os cidadáns e a economía de Europa que é preciso aproveitar.
Precisase crear un ambiente predecible para guiar as decisións políticas, de inversión e dos cidadáns. Establecer futuros obxectivos intermedios no camiño cara a neutralidade climática para 2050 proporcionará previsibilidade e tamén axudará a realizar un seguimento do progreso.
É por iso que a Lei Europea de Clima obriga á Comisión a presentar un obxectivo climático para 2040, logo do primeiro
Es por eso que la Ley Europea del Clima obliga a la Comisión a presentar un objetivo climático para 2040, luego del primer balance global baixo o Acordo de París, e este obxectivo debe basearse nunha avaliación de impacto exhaustiva.
Espérase que todas as Partes do Acordo inicien reflexións sobre o próximo obxectivo no contexto do proceso da ONU este ano, con miras a comunicalas antes da COP29 en 2025.
A consulta terá unha duración de 12 semanas, ata o 24 de xuño de 2023, podes acceder á mesma pinchando no seguiente enlace.