Amplíase o prazo para solicitar a convocatoria de asistencia técnica do Centro de Asesoramento sobre Pobreza Enerxética

mércores, 22 Marzo, 2023 - 00:00

A principios de mes, o Centro de Asesoramento sobre Pobreza Enerxética (EPAH) lanzou unha segunda convocatoria de asistencia técnica para abordar a pobreza enerxética

EPAH é unha rede de colaboracións de partes interesadas co obxectivo de erradicar a pobreza enerxética e acelerar a transición enerxética xusta dos gobernos locais en Europa.

EPAH está a brindar apoio directo a través de convocatorias de asistencia técnica, sendo esta a segunda convocatoria de solicitudes. O obxectivo é producir resultados locais efectivos que poidan servir de inspiración para outros gobernos locais que desexen emprender procesos similares. Ao finalizar o proceso de selección, as propostas adxudicadas recibirán asistencia online ou presencial.

Finalmente un mínimo de 36 municipios serán seleccionados para recibir apoio na implantación de medidas para combater a pobreza enerxética nas rexións. A data límite para presentarse á convocatoria é o 7 de abril, pode acceder pinchando aquí.