As resolucións, que foron publicadas hoxe no Diario Oficial de Galicia, convocan dous Programas de actuacións relacionadas coa mellora da eficiencia enerxética nas vivendas e rehabilitacións a nivel edificio
A través destas convocatorias, o goberno galego busca apoiar aos particulares e comunidades de veciños nas distintas obras que realicen de rehabilitación para a mellora da eficiencia enerxética no ámbito residencial. Estas axudas son convocadas por parte da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda e xestionadas co Instituto Galego de Vivenda e Solo, co financiamento de fondos europeos.
Son actuacións subvencionables polas axudas en materia de eficiencia enerxética en vivendas as seguintes:
- Aquelas que se realicen en vivendas, ben sexan unifamiliares ou pertencentes a edificios plurifamiliares, en donde se consiga unha redución da demanda enerxética anual global de calefacción e refrixeración de, ao menos, o 7% ou unha redución do consumo de enerxía primaria non renovable de, ao menos o 30%.
- As actuacións de modificación ou substitución de elementos constructivos da envolvente rérmica para adecuar as súas características aos valores límite de transmitancia térmica e de permeabilidade ao aire cando proceda.
O importe da subvención será do 40% do custo das actuacións, cun límite de 3.000 euros por vivenda. Ademais, o custo mínimo de actuación terá que ser superior aos 1.000 euros por vivenda.
Doutra banda, son actuacións subvencionables polas axudas destinadas a rehabilitacións a nivel edificio aquelas de mellora ou rehabilitación que se realicen en vivendas unifamiliares ou en edificios de tipoloxía residencial colectiva de uso de vivenda.
Do mesmo xeito que a primeira convocatoria, esta debe cumprir co requisito de redución do consumo de, polo menos, un 30% no indicador de consumo de enerxía primaria non renovable.