A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, a través da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático, é a coordinadora do Pacto dos Alcaldes para o Clima e a Enerxía en Galicia e ven traballando cos concellos galegos promovendo e apoiando a súa adhesión e a consecución dos seus compromisos.
Para facilitar este labor, a Consellería crea a Oficina Técnica de Pacto dos Alcaldes, instrumento cofinanciado con fondos FEDER.
Aínda que todo o enfoque político inmediato está na loita fronte ao Coronavirus a Xunta de Galicia, ao igual que os Concellos, continúa o seu traballo preparatorio sobre outras iniciativas políticas, como é a loita contra o Cambio Climático. As repercusións do COVID-19 para a sociedade e a economía están a poñer a proba moitos modelos de negocio e xestión, aínda que as administracións máis sustentables teñen que equilibrar a tensión dinámica entre a economía, o impacto social e medioambiental. Temos que adaptarnos á situación que nos tocou vivir. Adaptación e Mitigación van paralelas sempre cando tratamos de Cambio Climático. Por iso estamos ao lado dos Concellos, máis que nunca, e pese ao momento tan delicado no que nos encontramos, provocado polo impacto do COVID-19, lanzamos novas iniciativas para non deixar a ninguén atrás.
Os municipios que se adhiren ao Pacto asumen os obxectivos adoptados pola Unión Europea para frear os efectos do cambio climático, comprometéndose a reducir, de aquí o 2030, un 40% as emisións de CO2, ao tempo que adoptan medidas de adaptación. Estes compromisos instrumentaranse a través da elaboración dun Plan de Acción polo Clima e a Enerxía Sostible – PACES por parte de cada Concello.
Así, co obxectivo de facilitar coñecementos prácticos sobre a elaboración do PACES, a Xunta de Galicia lanza un conxunto de accións formativas en liña (Webinars) dirixidas a eses 189 concellos galegos xa adheridos.
Os Webinars serán impartidos pola Oficina Técnica para o Pacto dos Alcaldes que adaptará os contidos da formación ás características de cada Concello, organizando grupos reducidos para que as accións resulten prácticas e áxiles e poder así solventar dúbidas individualmente.
Con ese fin, ofreceranse dúas opcións de matrícula (A e B) para un máximo de 15 asistentes cada unha, cun espacio temporal entre cada acción formativa para que os Concellos podan avanzar nos seus traballos.
Cada Webinar constará de tres accións formativas concretas:
- Inventario de emisión de referencia (IER): Introdución de datos + Ferramentas de estimación de consumos
- Como realizar a Análise de Riscos e Vulnerabilidades
- Medidas de mitigación: Introdución práctica e cálculo de redución de emisións
En base a esta estrutura, os Webinars impartiranse nas seguintes datas:
1. Inventario de Emisións de Referencia (IER): Introdución de Datos + Ferramentas de estimación de Consumos
- Datas: 5 de maio (Opción A)
7 de maio (Opción B)
- Hora: 11h
- Duración: 45 minutos
2. Como realizar a Análise de Riscos e Vulnerabilidades
- Datas: 12 de maio (Opción A)
14 de maio (Opción B)
- Hora: 11h
- Duración: 45 minutos
3. Medidas de Mitigación: Introdución práctica e cálculo de redución de emisión
- Datas: 19 de maio (Opción A)
21 de maio (Opción B)
- Hora: 11h
- Duración: 45 minutos
A INSCRICIÓN realizarase online, a través da seguinte ligazón: https://forms.gle/edXZqxHxv1vqRqjYA , sendo a DATA LÍMITE o 4 de maio ás 14h para a Opción A e o mércores 6 de maio ás 14h para a Opción B.
Poden contactar co persoal da Oficina Técnica da Xunta de Galicia para o Pacto dos Alcaldes, chamando ao 670506359 ou ben enviando un correo electrónico á dirección pactodealcaldes@xunta.gal
@GaliciaSostible #Compromiso