Os Días Europeos da Investigación e a Innovación son un evento anual de investigación e innovación da Comisión Europea, que reúne a responsables políticos, investigadores, empresarios e ao público para debater e dar forma ao futuro da investigación e a innovación en Europa e no resto do mundo.
O evento terá lugar en liña os días 28 e 29 de setembro de 2022, o que permitirá conectar a todos os participantes desde calquera lugar.
Os Días Europeos da Investigación e a Innovación deste ano bríndanlle a oportunidade ao público de debater e dar forma a novas solucións para reforzar a resiliencia de Europa e a súa autonomía estratéxica.
Esta é unha gran oportunidade para debater a nova Axenda Europea de Innovación, o Ano Europeo da Mocidade, a riqueza da creatividade cultural europea, as misións da UE e moitos máis temas.
Para coñecer aos relatores desta convocatoria aquí.