Xornada "Ferramentas para a Adaptación ao Cambio Climático" o 8 de abril

venres, 26 Marzo, 2021 - 00:00

No marco do proxecto LIFE SHARA (“Sensibilización e Coñecemento para a Adaptación ao Cambio Climático”) convócase á 1ª xornada específica sobre “Ferramentas para a Adaptación ao Cambio Climático” cun enfoque rexional o día 8 de abril de 9:30 a 12:30, en zoom formato webinar.

LIFE-SHARA é un proxecto que está coordinado polo Ministerio para la Transición Ecológica y el Reto Demográfico a través da Fundación Biodiversidad, e conta como socios coa Oficina Española de Cambio Climático, o Organismo Autónomo Parques Nacionales, a través do CENEAM, a Agencia Estatal de Meteorología e a Agência Portuguesa do Ambiente.

Esta xornada, organizada pola Fundación Biodiversidad e a Oficina Española de Cambio Climático do Ministerio para la Transición Ecológica y el Reto Demográfico, en colaboración coa Xunta de Galicia e o Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia (CEIDA), enmárcase dentro do obxectivo específico do proxecto de reforzar as capacidades da Plataforma AdapteCCa para fortalecer o seu papel na gobernanza da adaptación ao cambio climático en España.   

Pódese inscribir a través do seguinte formulario ate as 14:00 horas (hora peninsular) do martes, 6 de abril de 2021 (incluído)

AVISO: Admitiranse as primeiras 75 persoas que se inscriban, por orde de inscrición. Non obstante, a xornada será gravada para poñer a disposición na web do proxecto para aquelas persoas que non puidesen asistir.

+INFO e programa en http://www.ceida.org/gl/formacion-gl/xornada-online-ferramentas-para-ada...