Xornada de boas prácticas municipais en sustentabilidade climática

xoves, 23 Abril, 2026 - 00:00

Estado do Pacto das Alcaldías na rede estatal e influencia do proxecto europeo Nevermore

O próximo 20 de maio celebrarase en Aledo, Murcia, a Xornada de boas prácticas municipais en sustentabilidade climática, orientada ao fortalecemento das políticas locais de acción climática, no contexto do Pacto das Alcaldías en España. O encontro, que poderá seguirse tanto de xeito presencial como en formato streaming, reunirá a representantes municipais, técnicos e axentes implicados na planificación estratéxica fronte ao cambio climático.

A sesión ten como obxectivo analizar o estado actual da rede estatal do Pacto das Alcadías e compartir avances concretos na implementación dos Plans de Acción para o Clima e a Enerxía Sostible (PACES).

Neste marco, poñerase especial énfase no papel do proxecto europeo Nevermore, que está a contribuír activamente en diversos municipios da Región de Murcia.

O programa céntrase na presentación de ferramentas prácticas —incluíndo un conxunto estruturado de recursos técnicos (toolkit)— así como recomendacións metodolóxicas para abordar tanto a mitigación de emisións como a adaptación aos impactos climáticos. Ademais, expoñeranse casos reais de entidades locais murcianas que están a avanzar nas súas estratexias climáticas co respaldo técnico de Nevermore, ofrecendo un enfoque aplicado e replicable para outros territorios.

Con esta iniciativa, o Pacto das Alcaldías reforza a súa aposta pola cooperación intermunicipal e a transferencia de coñecemento técnico, elementos clave para avanzar cara a territorios máis resilientes, sostibles e aliñados cos obxectivos climáticos europeos.

O prazo de inscrición permanecerá aberto ata o mesmo 20 de maio. Non te quedes fora, apúntate aquí.