A Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático da Xunta de Galicia informa á poboación que só debe levar os residuos de medicamentos ao Punto SIGRE no caso de que teña que acudir de forma imprescindible á farmacia. En caso contratio, recoméndase quedarse na casa e gardar os residuos ata que finaliza o Estado de Alarma.
Igualmente, está a informarse de que os envases baleiros ou con restos de medicación xerados en fogares con positivos ou en corentena non deben depositarse no Punto SIGRE. Seguindo as indicaións das autoridades sanitarias, durante o tempo que dure esta crise, estes residuos deben colocarse cos demais residuos domésticos na bolsa da fracción resto ou rexeitamentos (bolsa negra).
@GaliciaSostible #Compromiso #Quedonacasa