Webinar sobre financiación de accións polo clima

mércores, 13 Xaneiro, 2021 - 00:00

O Pacto das Alcaldías Europa (EU Mayors) organiza o vindeiro 28 de xaneiro o webinar baixo o título: Como financiar accións locais de clima e enerxía, que falta? Un diálogo entre cidades e inversores sobre como pechar a fenda financeira.

O Pacto das Alcaldías Europa e o Smart  Cities  Marketplace comparten os obxectivos comúns de asesorar e apoiar ás cidades para que accedan a oportunidades de financiamento co fin de garantir solucións sostibles para as accións climáticas e enerxéticas. Neste webinar en liña, as dúas iniciativas unen forzas para fomentar o diálogo entre inversores e cidades e resaltar como poden apoiar neste proceso.

  • Obxectivo do webinar: Presentar a perspectiva do que as cidades necesitan e o que buscan os inversores ao investir no traballo relacionado co clima das cidades.
  • Público obxectivo: Traballadores dos concellos,  técnicos de proxectos e expertos que traballan en como financiar as ambicións climáticas das cidades.

+INFO e inscricións en: https://www.eventbrite.co.uk/e/financing-climate-energy-actions-a-dialog...

@GaliciaSostible