Webinar: Creando bosques máis resilientes e sostibles. A nova Estratexia Forestal Europea

martes, 7 Decembro, 2021 - 00:00

En anos recentes, os lumes incontrolados devastaron amplas rexións en Europa, especialmente no territorio de países como Grecia, Turquía, Portugal e Italia. A maiores da súa importancia como fonte de protección fronte ao lume para as cidades circundantes e os seus habitantes, a protección dos bosques é un elemento chave na loita contra o cambio climático.

Estes bosques funcionan como filtros, absorbendo máis CO2 do que producen. Debido a isto, crear bosques máis resilientes é un elemento crucial para mitigar o cambio climático. A protección destes bosques baséase na implantación dunha xestión forestal sostible, a cal ten como obxectivo asegurar un equilibrio entre os piares ecolóxicos, económicos e socioculturais na explotación forestal.

A través do webinar “Creando bosques máis resilientes e sostibles” a Oficina de Pacto das Alcaldías presentará exemplos de boas prácticas de entidades locais e rexionais, especialmente aquelas relacionadas coa redución do risco de desastres naturais e a implementación da xestión forestal sostible. Durante esta xornada, en liña con estes exemplos, presentarase ademais a nova Estratexia Forestal Europea, proposta pola Comisión Europea.

Máis información e rexistro dispoñible en: https://www.eumayors.eu/news-and-events/events/upcoming-events/2650-buil...