Instalarase no Campus de Lugo unha central de biomasa que permitirá reducir á metade a factura enerxética e a emisión de gases contaminantes
A aposta da Universidade de Santiago de Compostela por mudar os combustibles fósiles por unha central de biomasa con capacidade para satisfacer as necesidades de enerxía calorífica que actualmente subministran 20 salas de caldeiras de gas natural e gasóleo.
O proxecto contará cunha inversión total de 4,6 millóns de euros, dos cales 2,5 millóns serán financiados polo Instituto para a Diversificación e Aforro de Enerxía (IDAE), única actuación financiada en Galicia a través do programa Renored.
Consiste nunha central térmica alimentada de biomasa que distribuirá a enerxía producida aos edificios do campus de Lugo mediante unha rede de tubaxes que trasladará a auga quente que servirá para caldear as distintas instalacións universitarias.
A posta en marcha desta central aumentará e mellorará a actual eficiencia enerxética, reportará un aforro do 48% respecto dos gastos actuais derivados do consumo de combustibles fósiles e tamén ofrecerá posibilidades de aproveitamento e explotación sustentable de recursos, o que favorece á economía circular.