Última convocatoria do programa WIFI4EU o 3 e 4 de xuño

xoves, 21 Maio, 2020 - 00:00

A Oficina Técnica da Xunta para o Pacto das Alcaldías informa da cuarta e última convocatoria do programa WIFI4EU, que se abrirá dende o 3 de xuño ás 13:00 e o 4 de xuño ás 17:00.

Cun orzamento de 14,2 millóns de euros, a Comisión distribuirá con 947 cheques para promover o libre acceso dos cidadáns á conectividade wifi en espazos públicos como parques, prazas, edificios oficiais, bibliotecas, centros de saúde e museos de municipios de toda Europa.

A iniciativa Wifi4 EU ofrece aos municipios a oportunidade de solicitar bonos por valor de 15.000 euros. Os bonos utilizaranse para instalar equipos de wifi nos espazos públicos do municipio que aínda non estean equipados cun punto de acceso wifi.

+INFO en https://ec.europa.eu/digital-single-market/en/wifi4eu-wifi-gratis-para-los-europeos?lang=es